Lourenzá, 7 de marzo de 2023. Para conmemorar o 8M o Concello de Lourenzá organiza a presentación do libro Siluetas na area este sábado, día 11, e colocará na Travesía da Mariña un banco dedicado á muller esta semana.
A alcaldesa, Rocío López, explica que a publicación que se presentará “tratase da tradución do libro Siluetas na area por Fernando Domènech. É unha obra dunha autora francesa chamada Isabelle Eberhardt, que naceu en Suiza no ano 1877. Isabelle era unha viaxeira que se namorou do mundo árabe e escribiu neste libro sobre el. A presentación terá lugar o sábado 11 de marzo no Salón de Actos do Concello ás 19:00 horas. No acto participarán con lecturas a laurentina Marina Oural Villapol e Gaïa Bérens Mercado. Tamén ó longo desta semana o Concello colocará un banco dedicado á muller na Travesía da Mariña”.
A concellería de Servizos Sociais, Mercedes Dengra, pon de manifesto “o papel importante que ten a muller nos distintos eidos desta sociedade” e anima a asistir á presentación deste libro, onde a muller é a protagonista.
Invita tamén a achegarse ao Banco da Muller, “ese espazo que nos incita a reflexionar porque cada vez é mais evidente que o mundo está a cambiar, e iso é sinal dun cambio social a favor da igualdade entre mulleres e homes”.