O actual rexedor optará a reelección como alcalde popular, posto que ocupa desde 2001 despois de ser concelleiro en anteriores lexislaturas
Á presentación, que tivo lugar onte pola tarde no salón de actos da Casa da Cultura, acudiron varios membros da dirección provincial – o secretario xeral, Javier Vázquez Nodal e o coordinador xeral, José Manuel Balseiro – varios alcaldes e voceiros da zona, e simpatizantes e afiliados do partido.
Desde a dirección provincial acentúan a figura de Novo como “unha aposta segura e de futuro para O Vicedo”. Ademais os populares resaltan que seguirán confiando polo candidato que “todos os veciños apoian” grazas aos servizos e as obras novas que se foron gañando en O Vicedo durante os anos do seu mandato.
Neste sentido, o actual rexedor agradece a confianza amosada por parte da dirección provincial e os seus veciños e resalta “o meu compromiso e responsabilidade coa poboación de O Vicedo para seguir xestionando novos proxectos que teñan un impacto positivo no municipio”:
Novo, que ocupa a alcaldía desde febreiro de 2001 despois de ser xa concelleiro en anteriores lexislaturas, destaca que o seu obxectivo principal é “continuar coa liña de traballo que seguimos nos últimos 22 anos e acometer medidas sempre en beneficio dos intereses de O Vicedo e en proximidade aos veciños para formar parte da solución dos seus problemas”.