O Servizo de Costas investirá máis de 740.000 euros na protección e rexeneración de espazos de alto valor ambiental nas ribeiras das praias
Estas actuacións, consensuadas polo goberno municipal e a delegación provincial de Costas, que xa foron aprobadas polo pleno municipal, ascenden a un importe de 459.620,00 euros.
A alcaldesa, Ana Ermida, explica que se trata de “actuacións de recuperación dun sistema dunar cun amplo valor ambiental que se atopa en estado de dexeneración, debido á existencia de plantas alóctonas e da existencia de construcións que o invaden e provocan o seu deterioro”.
Neste sentido, pon en valor os traballos de recuperación medioambiental en praias que se están a realizar no litoral, freando a degradación do mesmo e contribuíndo á convivencia dos usos públicos dos espazos co respecto á diversidade medioambiental.
Os traballos en Coto-Balea iniciaranse nas vindeiras semanas.
Esta actuación na zona de San Miguel e Reinante súmanse aos traballos que se iniciarán nas vindeiras semanas para a rexeneración do sistema dunar das praias de Coto-Balea, en Benquerencia. Ao igual que no caso de Arealonga, pretende a eliminación de especies exóticas, como a herba da pampa, e a rexeneración con autóctonas; ao tempo que se actuará sobre edificacións existentes para o seu menor impacto no medio. Esta actuación foi adxudicada en 287.210,00 euros.
Ana Ermida agradeceu ao Servizo de Costas “o interese mostrado pola recuperacións dos espazos naturais de Barreiros e a súa posta en valor dun xeito respectuoso co medio ambiente e a posta en marcha dos trámites necesarios para que a recuperación dos mesmos sexa unha realidade.”