Site icon Crónica3.com A Mariña

Este venres, 19:30h, no salón de actos do Conservatorio de Música de Viveiro celebrarase o acto “Lembrando Néstor Varela García”

Varela García, nado en Valcarría en 1956 e falecido o ano pasado, foi un activista que fixo parte de organización sindicais, políticas e solidarias. Sindicalista da INTG, desde os anos oitenta e despois da CIG, militante do BNG e fundador en 1999, sendo o seu presidente, da Asociación Galego-Cubana Xulio Trigo. O acto, organizado por camaradas e amizades do activista viveirés consistirá nunha proxección audiovisual que dará paso a intervencións de varias persoas que partillaron con Varela García militancia e vivencias desde os anos oitenta. A entrada é libre até completar o aforo do local.

Exit mobile version