Viveiro, 24 de marzo, 2023. Este sábado, día 25, ás 20,30 horas terá lugar o Certame de Bandas e Agrupacións de Semana Santa “Cidade de Viveiro”, na Praza Jacinto Calvo, tendo como auditorio a Carpa –Antesala de Museo-. Intervirán na mesma as seguintes Agrupacións:
Banda “TAU” da Venerable Orde Franciscana de Viveiro
Banda de CCTT Santiago de Compostela
Banda A nosa Señora da Misericrdia de Viveiro
Banda Naval de Viveiro
Banda CCTT do Stmo. Cristo da Misericordia e Mª Santisima das Dores de Ferrol
Cada unha delas interpretará tres pezas, propias da Semana Santa coas que adoitan acompañar ás diferentes Procesións en distintas cidades onde son convidadas a participar.
Baseándonos na asistencia de anos anteriores, agárdase moita afluencia, xa que agora hai unha nova e mellor localización.
O Programa Adral está a tocar ao seu fin salvo os peches finais que se anunciarán oportunamente.