O acto tivo lugar na Sala Multiusos do concello coa presenza do tenente de alcalde, Jesús Fernández; a concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega; a concelleira Mari Carmen Franco, e Margarita Fernández, representante do CIM.
No certame de fotografía o primeiro premio foi para Paula Cristina Limia Fernández — coa obra “A traballadora silenciosa que cava, corta leña e desbroza” —, o segundo para José Luis Méndez Fernández —“Cortadoras” — e o terceiro, para Paco López López —“Elas” —.
Doutra banda, no concurso de debuxo escolar levaron os seus agasallos e diploma a alumna de 3º de Primaria Nira Vieira Fernández (CEIP de Celeiro); Antón Ventoso Freán (CEIP de Celeiro), de 4º de Primaria; Carla Vieira Rivas (CEIP Plurilingüe Santa Rita Degaldo), de 5º de Primaria e Alejandra Raquel Olivares Alcántara (CPR Landro), alumna de 6º curso.
Lara Fernández Fernández-Noriega felicitou aos gañadores/as e a todas as persoas participantes en ambos certames, “pola súa creatividade e por poñer en valor a labor das mulleres dentro e fóra do seu ámbito familiar”.