O rexedor explicou que “en Burela a verdade é que minguou bastante a plantilla da Policía Local co tempo, por xubilacións e traslados. Entón agora contamos con 7 efectivos, pero está a punto de xubilarse un deles, o que era o xefe provisional, e vamos contratar a dúas persoas máis. Hoxe precisamente asinamos a posesión en prácticas de dous policías, que se van incorporar, en principio para facer as prácticas, o 23 ou o 24 de xuño; e despois, se todo vai ben, xa serían funcionarios en decembro”.
Llano subliñou que “con estas dúas incorporacións xa logramos ter unha plantilla estable de 8 persoas, cando se xubile esta persoa que comentaba antes. O ideal sería que tivéramos 10 como mínimo. Para o ano que vén serían dúas peticións máis e entón xa quedaría basicamente completa a estrutura fundamental da Policía Local”.
O alcalde engadiu: “estas incorporacións espero que lle dean unha importancia grande ao servizo que está prestándose en Burela. Basicamente haberá máis presenza policial e máis seguridade. Todo isto será en beneficio para o pobo no seu conxunto”.