O grupo municipal popular trasladou os seu parabéns ao club, o corpo técnico, os participantes e todos os membros de equipo por engradecer o deporte base de Ribadeo
Esta pasada fin de semana disputouse no encoro de Arcos de la Frontera (Cádiz) o LIII Campionato de España de Novas Promesas Cadete e Infantil, competición que reuniu a 1.071 deportistas procedentes de 108 clubs.
O Club Piragüismo Altrúan de Ribadeo acudiu cunha prometedora representación de padeeiros que lles permitiu facer un papel sobresaliente, sobre todo na categoría infantil A K1 3.000 metros, onde a ribadense Elena González Rico logrou o ouro. Na mesma categoría, pero en infantil B, Manuela Lastra Castrillo tamén lograba o ouro. E por último, tamén logrou o ouro na categoría de paracanoe Elena Custo Carballeira.
O candidato á alcaldía de Ribadeo destacou o papel do club de piragüismo ribadense e trasladou os seus parabéns. Vega, di: “Queremos trasladar os nosos parabéns a estas campioas que fixeron un grandísimo traballo no Campionato de España de Novas Promesas Cadete e Infantil e tamén ao corpo técnico, aos participantes e a todos os membros do equipo. Moitas gracias por facer día a día máis grande a Ribadeo. Sentímonos moi orgullosos de todos vos”.
RECOÑECEMENTO AO CLUB DE PIRAGÜISMO ALTRUÁN
Dani Vega, quixo facer un recoñecemento a todo ese traballo e disciplina que amosan día a día no Club de Piragüismo Altruán. Por iso, ”entregamos o trofeo gaiteiro de Santa Cruz, feito por Sargadelos, como recoñecemento ao traballo feito por elas como polo Club de Piragúismo” . Esta entrega do trofeo enmárcase dentro do compromiso do “noso grupo municipal popular co deporte base de Ribadeo”.