“De pouco serve falar, enviar cartiñas ou poñerse detrás dunha pancarta se cando é preciso traballar e xestionar o goberno do BNG non o fai” e “desgraciadamente, repercute no noso pobo e en tódolos ribadenses”, di
Ribadeo, 13 de marzo de 2023. “O goberno do BNG retrasa a entrega dos terreos para a construción do novo centro de saúde por cálculos políticos”, sinala Dani Vega que considera que “debemos actuar rápido”.
O portavoz e candidato á alcaldía de Ribadeo sinala que “o grupo municipal popular, con toda a humildade, fixemos un bo traballo: xestionar un novo centro de saúde. Iso era o que pedía todo Ribadeo para incrementar a carteira de servizos sanitarios”.
Vega explica que “agora hai que facer todas as modificacións urbanísticas necesarias, que dependen do Concello, e a pregunta é: a que está esperando o goberno do BNG? Que está calculando?”. Para os populares “non é comprensible que se queden simplemente nese simple cálculo electoral retrasando unha decisión tan importante como é ter un novo centro de saúde en Ribadeo”.
O portavoz popular, tras preguntar varias veces á consellería de Sanidade se “o Concello de Ribadeo entregara os documentos necesarios que acrediten esa reforma urbanística”, lamenta que “o goberno do BNG aínda non o fixera. Parece estar moi nervioso e preocupado polo noso grupo municipal e pouco ocupado en incrementar a carteira de servizos sanitarios que queremos todos en Ribadeo”.
Vega explica que “se a día de hoxe non hai nada é porque o BNG está retrasando a súa decisión, a reforma urbanística para que se poda construír un novo centro de saúde. E con esa decisión retrasa servizos sanitarios fundamentais para Ribadeo”. Nese sentido, continúa “de pouco serve agarrarse a unha pancarta, pero cando tes que tomar unha decisión, non facer o traballo que corresponde”.
O popular sinala tamén que “co retraso da súa decisión tamén está a retrasar ubicar o 061 dentro do propio espazo de saúde. De pouco serve falar ou enviar cartiñas se cando toca traballar e xestionar, non se fai. As palabras están moi ben para o autobombo e a publicidade, pero o traballo honrado, sincero e de boa fe xestionando para o noso pobo non se ve por parte do BNG. E desgraciadamente repercute nos ribadenses”.
“O que lle pedimos é que actúe rápido, que faga a reforma urbanística necesaria para poder construír o novo centro de saúde e así ir dando pasos en firme”, conclúe Vega.