Ribadeo, 21 de marzo de 2023. O portavoz do Grupo Municipal Popular e candidato á alcaldía de Ribadeo, Daniel Vega, destaca a colaboración dos populares coas entidades deportivas. “Como vimos facendo nos últimos catros anos, seguimos xestionando e colaborando coas entidades deportivas da vila, unha liña de traballo que marcamos desde o inicio da lexislatura”.
Neste sentido, o candidato a alcaldía engade “creo que debemos destacar que esas colaboracións son froito das propostas que nos traslada cada entidade coas súas necesidades”. Vega explica que “neste caso xestionamos un orzamento de preto de 3.000 € para o o Club de Piragúismo Altruán de Ribadeo, concretamente para a compra de embarcacións de pala”.
De feito, o candidato destaca que “como sempre dicimos, todas estas entidades represéntannos en Ribadeo, pero o máis importante é que nos representan fora de Ribadeo”. Para o alcaldable ·”debemos seguir colaborando con todas as entidades, pois fan un magnífico traballo levando o nome de Ribadeo por todo o país”