As axudas a entidades deportivas é unha das prioridades do grupo municipal popular nos últimos catro anos
Ribadeo, 29 de marzo de 2023. O portavoz do Grupo Municipal Popular e candidato á alcaldía de Ribadeo, Daniel Vega, destaca unha vez máis a colaboración dos populares coas entidades deportivas. “Desde o comezo desta lexislatura levamos colaborando coas entidades deportivas da vila, unha liña de traballo que marcamos e que implica unha aposta pola mocidade e polo deporte”.
Neste sentido, o candidato a alcaldía explica que “neste caso escoitamos as carencias e necesidades do SD Ribadeo e nós colaboramos con eles para poñerlle unha solución”. En total, máis de 5.000 euros para material deportiva, concretamente camisetas, sudaderas e pantalóns.
Desde o grupo municipal popular trabállase con todas as entidades deportivas da vila para impulsar iniciativas que “son fundamentais para o crecemento do deporte e da vila”. Ademais Vega engade: “seguramente queden moitas cousas por facer, pero nós como grupo municipal estamos nunha escoita activa e continua coas entidades e, en moitos casos, propoñendo as iniciativas.
Por outra banda, Dani Vega quixo agradecer “a Valentín Coto e a toda a directiva polo esforzo e o seu traballo conxunto para seguir apostando polo impulso do deporte base en Ribadeo”.