O candidato a alcaldía, Dani Vega, cre que sería moito máis efectiva a convocatoria do pleno despois da reunión da Xunta de Galicia cos técnicos e informar das solucións a este problema
Ante a moción presentada o grupo municipal popular votou a favor. Sen embargo, para Vega “sorprende as accións deste goberno do BNG que parece que convocou un pleno en base a un artigo, xa que saben perfectamente os pasos que deu a Administración Autonómica.”
Neste sentido, a Xunta de Galicia púxose en contacto cos técnicos municipais para solicitar datos como é o número de usuarios e a situación de cada un deles. O seguinte paso foi convocar aos técnicos para unha reunión e concretar a proposta de reubicación de cada un das persoas do Hospital Asilo mentres duren as obras de adecuación e reforma do inmoble. “Sería moito máis axeitado convocar este pleno despois da reunión para informar sobre a solución a este problema”, di o alcaldable.
OBSTÁCULOS CONTINUOS PARA UN NOVO CENTRO DE SAÚDE EN RIBADEO
Os populares denuncian as “medidas electoralistas” do goberno do BNG que “xa está facendo os seus cálculos electorais”. Dani Vega explica “ca demostración de mala xestión do goberno do BNG e que nin foron capaces ni de entregar os terreos necesarios para a construción do centro de saúde, enterámonos agora polos medios de comunicacións que teñen que vender uns inmobles para poder compra destes terreos”.
Desde o grupo municipal popular denúnciase a actitude de pasotismo do goberno do BNG que “actuaron a rebufo durante todo o mandato”. “Coñecemos a herdanza do Doutor Moureda porque nós pedimos por activa e por pasiva que se lles explicara aos veciños. O proxecto de reforma redactouse despois de que o noso grupo presentara unha moción esixindo a súa redacción. En definitiva, non fixeron absolutamente nada. Indignación e cabreo absoluto é o que temos nós con este goberno do BNG por querer obstaculizar o novo centro de saúde para Ribadeo”, apunta Dani Vega.