Ribadeo, 25 de marzo de 2023. Na Escola de Cedofeita desenvolveuse hoxe, en horario de mañá e tarde, un curso de inserto de froiteiras, dentro do Plan de Formación Rural do Concello de Ribadeo.
Ata Cedofeita se desprazaron nesta xornada os concelleiros de Desenvolvemento Local, Igualdade e Medio Ambiente, Pablo Vizoso, Mónica Freire e Jorge Díaz.
O Plan de Formación Rural deu comezo o pasado 11 de febreiro cun curso de elaboración de queixos, ao que seguiron outro de poda de froiteiras, un de mantemento de motoserras, un de elaboración de pan, outro de primeiros auxilios e este de hoxe e inserto de froiteiras.
O Concello de Ribadeo está traballando nas actividades do plan para o segundo trimestre de 2023. “Proximamente publicaremos a relación dos diferentes talleres e obradoiros que se van desenvolver”, indican desde o equipo de goberno.