Viveiro, 30 de marzo de 2023. O Concello de Viveiro informa que o incendio que se iniciou onte ao mediodía, e que afectou ás parroquias de Galdo e Vieiro, está xa controlado. Debido a situación de alerta metereolóxica por vento, se manteñen os medios de extinción na zona para refrescar e vixiar o perímetro.
Tamén se subliña que as dúas persoas que no día de onte tiveron que ser desaloxadas como medida de precaución, xa puideron volver onte pola tarde ás súas vivendas.
Dende o concello quérese agradecer aos efectivos de Medio Rural, do Parque Comarcal de Bombeiros de Viveiro, Servizo de Proteccion Civil de Viveiro e Voluntarios de Protección Civil, Policía Local de Viveiro, Policía Nacional e Garda Civil, e GES de Cervo o seu grande esforzo e traballo na extinción do incendio.
Tamén se agradece a todos os veciños e veciñas da zona a súa colaboración nas tarefas de extinción.