O edil ribadense explicou que “o Concello de Ribadeo ven de tramitar un convenio coa Área de Deportes da Deputación. O seu orzamento é de 59.000 euros. É un convenio que abrangue diferentes actuacións tanto de mellora como de obra en diferentes localizacións tanto na vila como nas parroquias”.
Díaz Freije indicou que “contempla unha actuación no parque biosaudable que temos en Ribadeo, será o arranxo total ou parcial de todos os aparatos e incluso o chan. Tamén o parque biosaudable das Anzas. En Couxela o aumento da pista deportiva. En Covelas arranxo de vairas cousas na pista deportiva. En Cinxe un valado protector para o parque infantil, tamén con algunha mellora nos seus aparatos. E en Rinlo unhas canastras e unhas porterías para esa área”.
O concelleiro de Deportes subliñou que “é un conxunto importante de actuacións ás que se destina unha partida importante. Son 59.000 euros”.