O concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, contou que “se están a realizar uns traballos que quedaban pendentes no campo de fútbol de Outeiro, na Devesa: o sementado e o perfilado, que se suspenderan por motivos meteorolóxicos, debido á cantidade de choiva que se acumulou no campo durante todo o inverno”.
O edil nacionalista explicou que “estes días xa se están facendo traballos de perfilado, antes da semente do campo con herba natural, co que se rematarán todas as melloras que se levaron a cabo no campo de Outeiro, na Devesa, entre elas o sistema de rego e o asentamento. O investimento destas obras é de 50.000 euros, para as que se contou cunha axuda da Área de Deportes da Deputación de Lugo”.
Díaz Freije agarda que “nestes días ou na vindeira semana quede sementado e que non haxa ningún contratempo polas condicións meteorolóxicas, que son moi importantes para este tipo de traballos que se realizan nos campos”.