Site icon Crónica3.com A Mariña

Cadernos da viaxe. “As esquerdas españolas esquecen as liberdades”, por Xoán Antón Pérez Lema

Non foi posíbel. Outravolta PSOE e Unidas Podemos rexeitaron sumar coas forzas da maioría da investidura e fracasou a reforma da lei de seguridade cidadá que derrogaría a “lei mordaza”. Um enxendro lexislativo impsoto pola maioría absolyta do PP no 2015 que limitou substancialmente os dereitos fundamentais de libre expresión, xuntanza e manifestación e máis o de asilo.

Cómpre lembrarmos dos antecedentes históricos. A enxurrada de reivindicacións sociais, económicas e políticas na rúa dende o 11-M de 2011, que amosou a gravísima crise do chamado pacto da transición que, porén, non xerou graves trastornos da convivencia cívica na rúa. E unha maioría absoluta do PP que decidiu normativizar ferramentas contrarias á tradición liberal e democrática das democracias europeas para desincentivar aas demostracións públicas na rúa e a liberdade de expresión fronte aos axentes dos corpos de seguranza.

O PSOE, canda IU e Podemos, prometeron derrogar esta reforma tan axiña lles pose posíbel. Mais a coalición das esquerdas españolas leva xa in office tres anos e dous meses e durante todo este tempo non foron quen a cumprir a súa promesa. E, cando tiñan a posibilidade de facelo ( no Congreso estatal haio poucos días) amosaron o seu medo ás reaccións da dereita española e do corporativismo das organizacións sindicais policiais Jucil e Jupol e rexeitaron incluir na reforma catro contidos fundamentais: i) a prohibición do uso policial das pelotas de goma e doutro perigoso material nas demostracións públicas, ii) a proscrición das devolucións en quente de persoas que tentan atravesar as fronteiras, práctica inhumana que atenta contra do dereito de asilo, iii) suprimirmos a presunción de veracidade do relatorio fáctico dos atestados policiais cara posíbeis xuizos posteriores e iv) a esixencia de que o funcionariado policial xustifique obxectivamente os feitos que motivan as acusacións por faltas de desobediencia ou respecto á autoridade policial.

Nunha democracia liberal avanzada cómpre interpretar expansivamente as liberdades de expresión e libre xuntanza e demostración na rúa. Os Corpos policíais están para garantir o libre exercicio dos nosos dereitos, nomeadamente dos dereitos fudnamentais e liberdades públicas e, xa que logo, haberían esixir dos Executivos e Lexislativos medios materiais e humanos abondo e normativa acaída para cumprir esta súa finalidade e protexernos, non para limitar os nosos dereitos. Malia todo, é xusto recoñecermos que son ampla maioría as persoas integrantes destes Corpos que saben isto e só unha minoría, activada dende as dereitas radicais españolas, a que pide ferramentas propias das policías chinesa, iraniana ou saudíta.

Mais nesta lexislatura xa non será posíbel. Como tampouco a derrogación da pena de cárcere permamente revisábel ou do delicto de inxurias á Coroa. Velaí un grave fracaso das esquerdas españolas.

Exit mobile version