Site icon Crónica3.com A Mariña

As tostas, protagonistas gastronómicas de Foz do 17 ao 19 de marzo

Foz, 10 de marzo de 2023. AciaFozCCA organiza unha fin de semana gastronómica dedicada ás tostas. Será do 17 ao 19 de marzo coincidindo coa celebración da festividade de San Xosé e do día do pai.

Nove locais hostaleiros ofrecerán tostas eses días ao prezo de 2,5 euros. Son: A Viela, Anduriña, Augas Santas, Bar 78, Marexada, Dandy, O Muelle, O Tangarte e Xoyma.

O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, explicou que “queremos animar unha fin de semana que para moita xente será de celebracións, ofrecendo unha proposta gastronómica dedicada ás tostas. Así podemos saír tomar algo, degustar unhas tostas e logo comer ou cear nos bares e restaurantes do noso pobo”.

Paleo sinalou que “o obxectivo é complementar a campaña que xa temos en marcha no comercio local para o día do pai e na que imos sortear 1.500 euros en vales de compra entre aquelas persoas que estes días merquen nos locais que participan nesta cita. E o 23 de marzo en RadioFoz faremos o sorteo. En xogo poñeremos 1 premio de 500 euros en vales de compra e 5 premios de 200 euros cada un tamén en vales de compra”.

Nas campañas da Fin de Semana Gastronómica das Tostas e Día do Pai AciaFozCCA conta coa colaboración da Xunta de Galicia e do Concello de Foz.
Foi no Concello onde tivo lugar a presentación na que participaron o alcalde, Fran Cajoto, o concelleiro de Comercio, Chema Linares, e o presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo.

Exit mobile version