O incendio de Alfoz, parroquia de Lagoa, iniciouse ás 16,29 h. desta tarde e segundo as primeiras estimacións afecta unha superficie de máis de 20 hectáreas. Nos traballos de control participan 3 axentes, 1 brigada e 1 motobomba.
O lume de Viana do Bolo, parroquia de Covelo, iniciouse ás 15,50 h. deste mediodía e segundo as primeiras estimacións afecta a máis de 20 hectáreas. Nos labores de control levan participado 2 axentes, 2 brigadas, 2 motobombas e 2 helicópteros.
O incendio de Viveiro, parroquia de Vieiro, iniciouse ás 13,43 h. deste mediodía e permanece activo. Segundo as últimas estimacións afecta 50 hectáreas. No seu control levan traballado 1 técnico, 7 axentes, 5 brigadas, 4 motobombas e 2 pas.
Permanece tamén activo o lume rexistrado en Baleira, parroquia de Cubilledo, onde se decretou a Situación 2 como medida preventiva dada a proximidade do lume ao núcleo de Fórneas. Este incendio iniciouse ás 17,04 h. de onte e, segundo novas estimacións, afecta unha superficie de 330 hectáreas. Ata o momento mobilizáronse para controlalo 3 técnicos, 14 axentes, 28 brigadas, 14 motobombas, 1 pa, 1 Unidade Técnica de Apoio, 2 avións e 3 helicópteros.
En Taboada, o lume rexistrado na parroquia de Xián estabilizouse ás 20,29h. logo de comezar ás 13,44 h. desta tarde. Segundo novas medicións afecta unha superficie dunhas 8 hectáreas. Polo de agora, mobilizáronse para o seu control 1 técnico, 5 axentes, 9 brigadas, 5 motobombas, 1 pa, 3 avións e 3 helicópteros.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.