Foz, 29 de marzo de 2023. A décimo novena edición da Ruta das Tapas e o Comercio na Rúa animarán a vindeira Semana Santa en Foz.
A Ruta de Tapas, todo un clásico destas datas en Foz, desenvolverase do 6 ao 8 de abril en nove locais hostaleiros da vila. Trátase de Anduriña, A Rambla-Pachán, Bar 78, Dandy, Espacio Machete, Marexada, Namarinos, O Tangarte e Xoyma.
O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, sinala que “temos unha nova cita coa Ruta de Tapas de Foz, moi agardada pola clientela e polo sector hostaleiro. Son 9 as propostas que poderemos saborear ao longo de tres días entre a unha e as tres da tarde e de oito a once da noite. O prezo da tapa será de 2,5 euros”.
Durante a Semana Santa volve tamén o Comercio na Rúa, que ofrecerá descontos especiais os días 5, 6 e 8 de abril (mércores, xoves e sábado). Os establecementos participantes son: 5 Lobiños, Alain Afflelou, Arrullos, Briz Peluquería, Calzados Pirde, Cenor Belianorte, Chinela Nenos, Chuvia, Chuvia Complementos, Decoraciones Pura, Don Zapato, Ginzo Hombre, Ginzo Mujer, Hola Ola, Isla, Librería A Rapadoira, Librería Bahía, Longarela, Lourdes Moda Íntima, Mercería Vera, Mexicosas, Ofifoz, Sensación Surf, Sueños, Unique 2, Vas’s, Vas’s Outlet, Xanela Complementos e Xoguetería Bahía.
Paleo indica que “volve na Semana Santa outra das nosas campañas clásicas e que máis demanda e acollida teñen. Estas son unhas boas datas para facerse con artigos de tempada a bos prezos”.
O presidente de AciaFozCCA anima “a focenses e visitantes a disfrutar a vindeira semana da gastronomía e dos descontos que atoparán no noso comercio. As vindeiras datas son idóneas para pasear polas rúas de Foz e mercar e para tomar unhas saborosas tapas na nosa hostalería”.
Na presentación destas actividades estiveron o presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, o alcalde de Foz, Fran Cajoto, e o concelleiro de Comercio, Chema Linares.
Paleo agradeceu a colaboración do Concello de Foz e da Xunta de Galicia para poder organizar esta programación durante a Semana Santa.