O delegado territorial, Javier Arias, explica que Augas de Galicia desenvolve estas accións no marco do programa de conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que ata finais desta semana hai un equipo facendo labores de mantemento no río Cobo (Cervo). Paralelamente, outra dotación de persoal está traballando no río Masma (Mondoñedo).
Así mesmo, a partir do próximo luns comezará unha actuación para despexar un punto do cauce fluvial do Ouro (Alfoz) no que se detectaron unhas árbores formando un tapón na ponte de San Pedro de Mor.
Augas de Galicia desenvolve de xeito continuo estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial Galicia-norte e as súas zonas de acceso e protección.
Este tipo de traballos permite a mellora dos leitos fluviais para acadar condicións naturais do ecosistema que favorezan os aspectos medioambientais e de uso social na contorna do río.