Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta destinará 340.000€ a mellorar o firme da estrada LU-760 entre Mosteiro e Rioxoán, en Pol

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade acondicionará a capa de rodaxe e renovará a sinalización horizontal e vertical

Lugo, 1 de abril de 2023. A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade executará obras de reforzo do firme na estrada autonómica LU-760 entre Mosteiro e Rioxoán, no municipio de Pol.

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, confirmou que os traballos rondarán os 340.000 euros e financiaranse con cargo ao contrato de conservación ordinaria das estradas da Zona Norte da provincia de Lugo.

Arias reunise na sede da Xunta en Lugo cun grupo de veciños do núcleo de Rioxoán, na parroquia de Valonga, e avanzou que está previsto iniciar proximamente os traballos previos de limpeza de gabias.

O acondicionamento deste treito de seis quilómetros -do pq 9,100 ao 15,100 – incluirá a execución dunha nova capa de rodaxe con mestura asfáltica en quente e a renovación da sinalización horizontal e vertical.

O delegado afirmou que a Xunta “continúa mellorando as infraestruturas viarias no rural co obxectivo de que todos os concellos conten cunhas vías de comunicación modernas e seguras”.

Exit mobile version