Site icon Crónica3.com A Mariña

A Vicepresidencia da Deputación colaborará no programa de homenaxe á mestra mindoniense na emigración Andrea López Chao

Maite Ferreiro reuniuse con representantes da comisíon organizadoras das actividades, que se desenvolverán entre La Habana, Mondoñedo e Vilalba

Lugo, 16 de marzo de 2023. A vicepresidenta da Deputación de Lugo Maite Ferreiro mantivo esta mañá unha reunión coa comisión organizadora das xornadas homenaxe á mestra mindoniense na emigración Andrea López Chao.

Os representantes da comisión – Jose Luis Fernández Ansedes, da Asociciación Abrindo Camiño, o escritor e cronista oficial de Mondoñedo Antonio Reigosa, o antropólogo e investigador da USC Daniel Vázquez e o concelleiro mindoniense Eloi Cabanas – expuxeron as liñas xerais do proxecto, que pretende visibilizar e divulgar a súa vida e obra na docencia, na labor societaria e na defensa dos dereitos das mulleres, con diferentes actividades, a desenvolver entre La Habana, Mondoñedo e Vilalba desde o vindeiro 29 de marzo.

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colaborará na documentacion e difusión das xornadas que se celebren no marco deste proxecto que, de forma complementaria, afondará nas achegas e legadas das mulleres galegas emigradas a Cuba e na actividade cultural e social das entidades da emigración galega.

As actividades programadas comezarán o vindeiro 29 de marzo cun coloquio e exposición en La Haban e continuarán con xornadas homenaxe o 30 de xuño e o 1 de xullo, en Mondoñedo, e o 2 de xullo, en Santaballa, en Vilalba.

Nada en Mondoñedo en 1874, Andrea López Chao emigrou a Cuba en 1904 despois de gañar por oposición a praza de directora do Plantel Educativo do Centro Galego da Habana. Foi a primeira muller Vicepresidenta da Sociedade “Hijas de Galicia” e como representante deste colectivo, que chegou a perto de sesenta mil asociadas, participou no “I Congreso de Mulleres de Cuba” celebrado en 1923.

Partipou na creación en 1917 da Sociedade “Hijas de Galicia” para axudar, acoller e asistir sanitariamente as mulleres galegas emigradas en risco de exclusión social e para elo impulsa en 1924 a creación do Hospital e posteriormente do Balneario de “Hijas de Galicia- Concepción Arenal”.

Exit mobile version