A XXV edición da cita burelesa espérase con máis emoción que nunca, máis de vintecinco anos de traballo reflectidos en actos e procesións
Burela, 31 de marzo, 2023. A Semana Santa de Burela comezou o pasado xoves 23 de marzo con o pregón ofrecido polo Delegado de Liturxia do Bispado de Mondoñedo-Ferrol D. Cándido Jesús Otero López e a inauguración da exposición “Hay un lugar para ti” que se pode visitar na igrexa da parroquia ata o Domingo de Resurrección (9 de abril)
Venres (31 de marzo, Venres de Dores), as 18:30 levarase a cabo o Viacrucis ao redor da igrexa parroquial, a continuación oficiarase unha misa na honra dos cofrades defuntos, na cal tamén se celebrará o XXV aniversario agasallando cunha insignia a todos os cofrades.
Domingo (2 de abril Domingo de Ramos), as 11:30, sairá da Praza da Mariña a procesión da entrada triunfal de Xesús en Xerusalén, procesión vivinte na
cal se representa a entrada de Xesús en Xerusalén, á chegada da procesión ao atrio da igrexa, procedese á bendición dos ramos e a continuación oficiase a misa no interior da igrexa.
Mércores (5 de abril Mércores Santo), a continuación da misa as 19:45, terá lugar a peculiar procesión do Viacrucis. Esta procesión sae da igrexa da parroquia de Santa María e remata na igrexa do século XV da Vila do Medio, procesión cun percorrido de case dous quilómetros facendo un Viacrucis con paradas nas catorce cruces instaladas no traxecto representando as pertinentes estacións de camiño ao calvario. Na procesión acompañan aos pasos penitentes cargando cruces, ben sexa en ofrecemento ou por devoción. Esta procesión ten un gran encanto pois non é a “típica” procesión que estamos acostumados a ver, si non que a xente do pobo porta acompañando á Virxe da Soidade e ao Cristo, dende unha igrexa da parroquia a outra, sin o esplendor dunha procesión ao uso, pero co acompañamento da fermosa paisaxe e do solpor ao remate da mesma. Aconsellamos a todas aquelas persoas que podan achegarse, que non deixen pasar esta oportunidade, pois é unha procesión única.
Xoves (6 de abril, Xoves Santo) as 18:30 esta programada a celebración vivinte da Última Cea do señor e o lavatorio de pes, a continuación as 21:00 procesión da Oración na Horta das Oliveiras e Hora Santa.
Venres (7 de abril, Venres Santo) as 18:30 terá lugar a celebración da Paixón do Señor e a continuación as 22:00 a procesión dos Caladiños, con paradas moi emotivas e interpretacións musicais ao paso da procesión.
Sábado (8 de abril, Sábado Santo) as 18:30 terá lugar a procesión da Virxe da Esperanza e as 22:00 comezará a Vixilia Pascual coa bendición do Lume e da Auga.
Domingo (9 de abril, Domingo de Resurrección) as 11:00 será a procesión do Encontro, a cal este ano estrea novo itinerario máis céntrico no pobo,á chegada da procesión ao atrio da igrexa farase a tradicional solta de pombas a cargo dunha familia de catro xeracións, a continuación oficiarase misa e unha ofrenda floral.