Site icon Crónica3.com A Mariña

A Pontenova acolle este mércores unha xornada de EoAlimenta

A Pontenova, 14 de marzo, 2023. Este mércores, 15 de marzo, celébrase na Pontenova unha xornada do proxecto EoAlimenta.

A primeira hora, terá lugar a reunión do Grupo Motor, coa presenza de Lourenzo Fernández Prieto, catedrático da USC e responsable do proxecto, na que se fará balance e se presentarán as actividades que conforman a nova fase do mesmo: “ComerEo. Da horta á mesa”.

Á reunión están convidados os alcaldes e alcaldesas que forman parte do proxecto, así como responsables das entidades colaboradoras.

Posteriormente, ás 11 h, o xerente da reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, Jorge Blanco, impartirá unha charla obradoiro sobre a experiencia de creación dunha marca de calidade de produtos da Reserva. A charla é aberta a todas as persoas interesadas.

Información e Inscricións: https://forms.gle/v56fCMjZ8WYkDiuW8

Ou en: https://eoalimenta.org/

Exit mobile version