O concelleiro de Turismo, Chema Linares, explica que “despois de dous anos de pandemia, cun descenso significativo no número de visitantes, neste Semana Santa prevese unha gran afluencia de visitas polo que é necesario reforzar o servizo”. E especifica que “a oficina abrirá durante a semana do 3 ao 8 de abril, ambos días incluídos, en horario de luns a mércores de 09:00 a 14:00 horas; e xoves, venres e sábado, de 11:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas”.
Chema Linares tamén anuncia que “o Centro de Interpretación da Basílica de San Martiño poderá visitarse de martes a sábado de 10:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas e o domingo 9 de 10:30 a 13:00 horas. Os que visiten Foz poden informarse tanto na oficina de turismo como neste punto de información da Basílica. Ademais as persoas interesadas poderán concertar calquera das tres visitas guiadas diarias á Basílica establecidas: ás 10:45, 13:15 e 19:15 horas, previa cita no teléfono 982.13.26.07”.