Site icon Crónica3.com A Mariña

A internacional Yotsui Saki xa é xogadora do Pescados Rubén Burela FS

Viaxará convocada a Melilla para o encontro deste sábado contra o MSC Torreblanca no seu primeiro partido co mellor equipo de futsal feminino do mundo

Burela, 3 de marzo, 2023. A xogadora internacional de 26 anos Yotsui Saki, provinte do Bardral Urayasu Las Bonitas, xa é xogadora do equipo senior feminino do Pescados Rubén Burela FS e irá convocada esta fin de semana a Melilla para xogar contra o MSC Torreblanca, un dos equipos máis perigosos da Primeira Federación de Futsal Feminino.

Saki, co dorsal número 4, é a nova á do equipo, o que será un importante elo para completar o persoal de Julio Delgado esta tempada.

Provinte do Bardral URAYASU Fútbol Sala onde xogou entre 2015 e 2022, un dos mellores equipos de Primeira División da Liga Nacional de Xapón, co que foi Campioa da Liga de Primeira División Nacional nas tempadas 2020-2021 e 2021-2022. Tamén Campioa da Copa Nacional de Xapón en 2021-2022 e Subcampioa en 2020-2021. Antes de xogar a fútbol sala, xogou a fútbol 11 durante 12 anos. Coa Selección de Chiva (provincia) foi Campioa de Torneo Nacional de Selección no ano 2017 e coa Selección Xaponesa foi Subcampioa do AFC (Women’s Futsal Asian Cup) en 2018 e xogou contra a Selección Española na tempada 2021-2022.

Este xoves fíxose oficial a súa fichaxe e presentación co Presidente do club Pescados Rubén Burela FS, Manolo Blanco Fanego, co que mostra na imaxe a súa nova camiseta laranxa.

Exit mobile version