Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación pecha con éxito, en Viveiro e na Fonsagrada, o ciclo Con Voz de Muller 8M

Lugo, 5 de marzo de 2023. As deputadas de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto e de Economía, Recadación e Facenda, Mayra García Bermúdez, asistiron este domingo aos concertos de Catuxa Salom, na Fonsagrada, e Margarida Mariño, en Viveiro, respectivamente, dentro do ciclo de concertos de acceso libre e gratuíto Con voz de Muller 8M, impulsado pola Deputación de Lugo. Esta actividade, que tivo por segundo ano unha gran acollida por parte da veciñanza, enmárcase no programa de actividades impulsado pola institución provincial con motivo do Día Internacional da Muller, que se conmemora o próximo mércores, 8 de marzo.

A Banda da Loba foi a encargada de abrir o venres en Vilalba o ciclo de concertos, que seguiu o sábado en Taboada cos sons de Caamaño&Ameixeiras. A institución provincial continúa esta semana co programa de actos conmemorativos do 8M, entre os que destaca a exposición e presentación do libro en memoria da enfermeira Elvira López Mourín e as actividades nos Centro de Atención a Maiores da institución provincial, que se celebran ao largo de todo o mes de marzo.

Exit mobile version