Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación aproba 150.000€ para o Resurrection Fest

Lugo, 31 de marzo, 2023. Visto bo do Goberno da Deputación a destinar 150.000€ a través dun contrato de patrocinio para colaborar coa celebración do Resurrection Fest de Viveiro. “Unha cita de renome internacional, que de novo converterá a Viveiro na capital do hardcore, do metal e do punk entre o 28 de xuño e o 1 de xullo”, explicou a Deputada de turismo, Pilar García Porto, ao tempo que fixo fincapé en que esta nova edición contará co maior número de artistas internacionais ata hoxe, con 100 bandas que xa están confirmadas.

García Porto lembrou que dende a Deputación se vén apoiando “ano tras ano ó Resu, dentro da nosa aposta por colaborar, en todo o que sexa posible, cos concellos e co tecido produtivo para que poidan saír adiante iniciativas tan positivas para impulsar o turismo e a economía da provincia coma esta”.

Exit mobile version