Site icon Crónica3.com A Mariña

A Concellería de Medio Ambiente de Foz lembra que comeza unha nova tempada de cría da píllara das dunas, e prega extremar a súa protección

Foz, 15 de marzo, 2023. A píllara das dunas (Charadrius alexandrinus) é un dos moitos atractivos naturais do noso Concello, A Pillara da dunas, foi escollida como ave do ano 2019 po la SEO/Birdlife e o Concello de Foz aproveitou en outubro de 2019 a celebración do día mundial das aves , para lembrar a importancia da sua conservación. Trátase dunha ave en serio perigo de extinción. Ten na Galiza o seu último refuxio do norte da península ibérica. Estímase que na actualidade quedan pouco máis dun cento de parellas ao longo do litoral galego. En marzo empezan a facer os primeiros niños e os últimos polos poden voar ben entrado setembro. Cada ano asistimos a unha perda de niños e morte de crías inaceptable. Hai praias nas que, a pesares dos incansables intentos destas aves que poden facer ata cinco postas nunha tempada, non consiguen sacar nin un polo adiante.

Tanto as dunas da Rapadoira como o espazo dunar da Pampillosa son refuxio de especial interese ornitolóxico onde aniñan, precisamente nestes días. O niño é moi discreto, consistindo unicamente nunha leve depresión na area que ás veces é ornamentada con pequenas cunchas ou restos vexetais. As praias son ecosistemas vivos, non simples contedores de area inerte. Por iso, entre o 15 de marzo e o 15 de xullo en virtude do DECRETO 9/2014, do 23 de xaneiro da Xunta de Galiza está prohibida a presenza de actividades nas praias da rapadoira e da Pampillosa que podan poñer en risco os niños como a presenza de cans nos areais. O incumprimento das normas, por riba de danar as aves e comprometer a sua supervivencia, pode conlevar sancións po lo SEPRONA po lo que lembramos esta prohibición e pregamos a máxima cautela neste período para protexer a esta especie en serio perigo de extinción, da que podemos seguir disfrutando no noso Concello.

Exit mobile version