A edil insiste en que “a comisión organizadora das festas patronais de Burela non está a pedir polas casas. Nós o que facemos é achegarnos aos establecementos comerciais e hostaleiros, pero nunca aos domicilios particulares. Ademais sempre imos identificadas e identificados”.
Eijo explica que “recibimos o aviso de que hai tres mulleres que están visitando á veciñanza de Burela en demanda de axuda para a comisión de festas e como iso non é así, por iso queremos avisar canto antes á xente para que non sexan vítimas dunha estafa”.
A comisión organizadora das festas patronais de Burela está formada por Toñi Eijo, Belén Ramudo, Belén Feijoo,Vanesa Prieto e Raúl de Jesús Torres.
Os festexos desenvolveranse do 2 ao 5 de xuño.