Site icon Crónica3.com A Mariña

A avenida de Cervantes de Viveiro permanecerá pechada ao tráfico ao menos unha semana por obras de renovación do firme

Viveiro, 17 de marzo de 2023. O Concello de Viveiro comezará o luns, día 20 de marzo, unhas obras de renovación e mantemento do firme na avenida de Cervantes.

Debido a estes traballos, desde o luns a primeira hora e polo menos durante unha semana, a avenida de Cervantes permanecerá pechada ao tráfico.

Como percorrido alternativo, habilitarase un desvío provisional a través de avenida Benito Galcerán e Rego das Frores, que estará regulado por semáforos de obra.

Aínda que estará debidamente sinalizado, non se poderá estacionar durante este período na rúa Rego das Frores para facilitar a circulación nese tramo.

O Concello de Viveiro agradece a colaboración veciñal e pide desculpas de antemán polas molestias ocasionadas.

Exit mobile version