Falarase das contas e actividades de 2022 e dos proxectos para 2023
Na orde do día figuran, entre outros asuntos, a presentación da memoria de actividades do colectivo realizadas en 2022, así como a presentación e aprobación se procede do balance económico do ano pasado e o actual estado de contas.
De cara ao presente ano 2023, na asamblea aprobaranse as actividades a realizar, así como o presuposto económico. Tamén se decidirán as entidades vencelladas coa investigación, prevención, diagnose, e tratamento do cancro, ou co apoio ás persoas e familias afectadas pola enfermidade, ás que este ano se lles entregarán donativos así como a contía dos mesmos.
A xunta directiva pide a maior asistencia posible de persoas asociadas para refrendar o compromiso do colectivo co obxectivo que lle dá sentido ao mesmo, a loita, dende distintos frentes, contra o cancro.