Site icon Crónica3.com A Mariña

35 participantes na Festa dos Pepes de Foz, que se recuperou despois da pandemia este pasado sábado

Foz, 20 de marzo de 2023. Este pasado sábado celebrouse a sexta edición da Festa dos Pepes en Foz no restaurante Barrilete e contou con 35 participantes. Recuperouse así este evento, que non houbo durante a pandemia de Covid, e nesta ocasión ocupáronse da organización María José Naray e Josefa de Portela.

Este festexo, que foi creado por iniciativa de José Ramón Vila, celebrase en cada edición nun establecemento hostaleiro de Foz distinto e moitos dos participantes son Josés, Josefas, Pepes e Pepitas do municipio focego pero habitualmente conta tamén con asistentes doutras localidades da Mariña.

Na edición do pasado sábado houbo sorteo de regalos doados por establecementos comerciais de Foz e moitas cancións ata ben entrada a madrugada. Os organizadores destacaron que entre os participantes hai xente que canta moi ben e que a comida foi sobresaliente.

A edición de 2024, que se celebrará o sábado 16 de marzo, será organizada por José Bermúdez.

Exit mobile version