Alfoz, 26 de febreiro, 2023. A Reserva da Biosfera Terras de Miño da Deputación Provincial de Lugo levará a cabo en Alfoz unhas Xornadas sobre castiñeiro de froito os días 18 e 25 de marzo
O horario será de 10:00h a 14:00h ambos días e o lugar de realización o Salón de Actos da Casa da Cultura. A primeira xornada, 18 de marzo, será teórica e incluirá toda a información sobre:
1. Época de plantación.
2. Preparación do terreo.
3. Elección da planta (boas aptitudes para froito, madeira e/ou ambas).
4. Liñas de axudas para o fomento da plantación e recuperación de soutos (Neste momento está aberto o prazo de solicitude).
5. Normativa legal na plantación, distancias, tipos, corta…
6. Coidados: guía de cultivo.
7. Pragas e enfermidades,
8. Beneficios que pode xerar.
9. Mercado do sector da castaña.
A segunda xornada, 25 de marzo, será de práctica de poda de castiñeiros. Á mesma hora e con saída desde a Casa da Cultura cara Lagoa, onde se realizará a poda. Docente: Pablo Antonio Fraga Gontán (Enx. T. Agrícola). Inscrición previa e información no Concello de Alfoz tfno: 982 558 001 (ext.2). Gratuito. Aberto a público en xeral.