Hoxe é un día moi triste para Viveiro, moi triste.
Perdemos outro servizo, e xa van moitos. Esta pérdida é un FRACASO POLÍTICO con maiúsculas do goberno socialista de María Loureiro. Fai cinco anos, ante a imperiosa necesidade de Aspanane de ter unha Residencia, anunciábase por todo o alto que o colexio vello de Celeiro sería reformado para acoller a Escola de Idiomas e polo tanto o edificio da actual escola de idiomas pasaría a ser a residencia de Aspanane. Para sorpresa de todos, o goberno DO PSOE EN MADRID, non só non tiña cedido o edificio do colexio vello, senón que ademáis pide 800.000€ pola venta do mesmo, incrible. O goberno Local non é capaz de xestionar co propio goberno amigo, a cesión gratuita do edificio. Pasan 5 anos, e proponse unha alternativa, que resulta que tampoco era viable. 5 ANOS DESPOIS! Como se pasaran os anos sen máis, e as necesidades das familias desapareceran de repente. Non só perdemos a residencia de Aspanane, tamén perdemos a posibilidade de arranxar o colexio vello de Celeiro e revitalizar o barrio do Chao.
Hoxe bótanlle a culpa a que Viveiro carece de Plan Xeral de Ordenación Municipal, o cal o PSOE de Viveiro, non foi capaz de aprobar en 20 ANOS, e este sí é o gran fracaso do PSOE de Viveiro e do PP na Xunta, por poñer todos os atrancos posibles. Entre os dous, nos levan a unha decadencia continuada e estrepitosa, que non sabemos se terá volta atrais. Eles son os verdadeiros culpables desta situación, por moito que se boten a culpa uns os outros.
Non podemos máis que sentir pena polo presente e futuro que se nos escapa, é hora de ir abrindo os ollos ou quizais será tarde para reparar todo o dano feito.