Site icon Crónica3.com A Mariña

Sorteadas as 11 ceas para dúas persoas e unha estancia de 2 noites para unha parella, dentro da campaña de San Valentín de Acisa

Ribadeo, 14 de febreiro de 2023. Acisa Ribadeo sorteou esta mañá 11 ceas para dúas persoas e unha estancia de 2 noites para unha parella dentro da súa campaña de San Valentín 2023. Os premios serán entregados o vindeiro luns, 20 de febreiro.

-A cea para 2 persoas en Galipizza recaeu na papeleta número 4.502 que foi entregada en Farmacia Álvarez Lebredo.
-A cea para 2 persoas na Horta de San Roque recaeu no número 3.619 entregado na Moda Sport.
-A cea para 2 persoas en Don Bucchi recaeu na papeleta número 4.783 entregada en Vos Irmandiños.
-A cea para 2 persoas en La Solana recaeu no número 1.769 entregado tamén en Vos Irmandiños.
-A cea para 2 persoas na Quinta recaeu na papeleta numero 3.216 entregada en Grissi.
-A cea para 2 persoas en hotel restaurante Javier Montero recaeu na papeleta número 5.992 que foi entregada en Gasolineira O Xardín.
-A cea para 2 persoas no Recuncho do Gordo, recaeu na papeleta número 5.486 entregada en Jatay.
-A cea para 2 persoas en Ou Indiano recaeu no número 4.282 entregado na Galletería.
-A cea para 2 persoas en Ou Queimada recaeu na papeleta numero 359 que foi entregada en Gasolineira Valcarce.
-A cea para 2 persoas no restaurante San Miguel recaeu na papeleta número 3.562 que foi entregada en Adele.
-A cea para 2 persoas en Bar Galicia recaeu na papeleta número 698 entregada en Ola Onda.
-E a estancia de 2 noites para 2 persoas a elixir entre 1.500 destinos foi para a papeleta número 4.720 entregada en Óptica Duovisión.

O vindeiro luns, 20 de febreiro, ás cinco da tarde terá lugar a entrega de premios ás afortunadas e afortunados nas instalacións de Acisa Ribadeo. “Si alguna persona no puede asistir a ese acto, que sepa que puede pasarse por la oficina de Asociación de Comerciantes, Industriales, Servicios y Autónomos hasta el 24 de febrero para recoger su regalo”.

O sorteo de San Valentín de Acisa Ribadeo tivo lugar esta mañá nas súas instalacións, foi gravado en vídeo e pódese ver xa nas súas redes sociais.

Desde a asociación ribadense agradecen “a los 11 restaurantes su colaboración para llevar a cabo este importante sorteo de cenas dentro de nuestra campaña de San Valentín y también a Viajes Eroski, gracias al que una pareja disfrutará de una estancia de dos noches a elegir en 1.500 destinos”.

E engaden que “la campaña de San Valentín 2023, que dio comienzo el pasado viernes con la actuación de la Tuna do Camiño, culminará el próximo sábado con el sorteo de 45 botellas de vino magnum Azpilicueta crianza”.

Exit mobile version