Site icon Crónica3.com A Mariña

Sete locais hostaleiros asociados a AciaFozCCA ofrecerán do 6 ao 12 de febreiro cafés especiais con motivo da celebración do Campionato Internacional de Baristas no IES de Foz

Foz, 4 de febreiro de 2023. Sete locais hostaleiros asociados a AciaFozCCA ofrecerán do 6 ao 12 de febreiro cafés especiais con motivo da celebración do Campionato Internacional de Baristas no IES de Foz.

Desde Xoyma José Manuel Martínez explicou que “ocorréusenos que a hostalería local puidese ofrecer eses días cafés especiais á súa clientela, co obxectivo de que ese importante evento que se celebra no IES de Foz tamén estea na rúa, nos nosos establecementos. Gustounos a idea de que a vila estivese implicada deste xeito”.

Os locais que servirán cafés especiais á súa clientela son: Augas Santas, Dandy, Marexada, O Muelle, Pizzería Xoíña, Tangarte e Xoyma.

O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, o alcalde focego, Fran Cajoto, o concelleiro de Comercio, Chema Linares, así como representantes dos locais participantes e dos baristas presentaron a iniciativa.

Exit mobile version