Neste curso están a participar 20 persoas. Xunta a elas estiveron esta mañá os concelleiros de Economía e Igualdade, Pablo Vizoso e Mónica Freire.
O Plan de Formación Rural, que daba comezo a pasada fin de semana en Cinxe, seguirá o 4 de marzo na Escola de Couxela cun curso sobre mantemento de motoserras de 10 a 14 horas.
O 11 de marzo de 10 a 14 horas e de 16 a 19 horas a Escola de Vilaselán acollerá un obradoiro sobre elaboración de pan.
Na Escola de Vilaframil será impartido o 18 de marzo un curso sobre primeiros auxilios. Será de 10 a 14 horas.
E o 25 de marzo desenvolverase un curso de inserto de froiteiras na Escola de Cedofeita en horario de 10:30 a 13:30 horas e de 15 a 18 horas.
Para os vindeiros obradoiros aínda queda algunha praza libre. As persoas interesadas poden anotarse no 982 129 889.