O fotógrafo viveirense recibiu o encargo da Xunta de Confrarías da Semana Santa de Viveiro na pasada Coresma. O autor de recoñecido prestixio e nomeado aos premios Goya, presentou unha selección de fotografías entre as cales se seleccionou o citado Cartel, e outras 21 que se expoñerán na Praza Maior durante a Semana Santa.