Site icon Crónica3.com A Mariña

Román Rodríguez confirma á ANPA a vontade da Xunta executar a remodelación integral do colexio do Valadouro

A administración autonómica reserva un orzamento de 250.000 euros para esta actuación que prevén licitar de xeito inminente para que as obras poidan desenvolverse este ano

O Valadouro, 9 de febreiro de 2023. Representantes da asociación de nais e país do alumnado do CEIP Plurilingüe Santa María do Valadouro mantiveron onte unha reunión co conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidade, Román Rodríguez, na que lles confirmou a vontade da Xunta de Galicia de levar a cabo unha obra de mellora integral neste centro educativo.

A xuntanza, promovida por mediación do portavoz do Grupo Municipal Popular, José Manuel Lamela, que tamén participou no encontro, xunto ao deputado José Manuel Balseiro, serviu para confirmar que a administración autonómica reserva un orzamento de 250.000 euros para licitar estes traballos e coa previsión de que as obras poidan executarse este ano.

A mellora integral suporá actuar na cuberta do porche de entrada do centro, cambiar as portas, fiestras e carpintería xeral ademais de renovar e modernizar a iluminación.

Ás representantes da Anpa chamoulles a atención o feito de que o consellerio confirmase que o Goberno municipal non se dirixiu en ningún momento á Xunta de Galicia para pedir unha mellora no centro e lamentaron a falta de mantemento dos patios e zonas exteriores que son competencia do Concello.

Exit mobile version