O 25 de febreiro de 1923 nacía Ramona Cortiñas, veciña da parroquia do Pereiro de Alfoz.
Este sábado celebrou o seu 100 aniversario rodeada da familia, varias xeracións que acompañaron neste gran día a Ramona. O alcalde de Alfoz, Jorge Val, e a concelleira de Servizos Sociais, Arantxa Incera, agasallaron, en nome do Concello, cunha placa conmemorativa e un ramo de rosas a Ramona Cortiñas para festexar este día con ela e a súa familia.