No último Pleno da Corporación ribadense, o Partido Popular votou en contra dunha moción do Partido Socialista para instar á Xunta de Galicia a que corrixa as súas políticas en materia sanitaria co fin de garantir a calidade asistencial en Ribadeo
“O grupo do PP de Daniel Vega rexeitou esta proposta. Polo tanto, terán que dar explicacións diante da veciñanza deste rexeitamento en defensa dos servicios públicos no noso concello. Parece que hai membros desta Corporación municipal que están mais preocupados en saír en fotos con conselleiros ca en resolver os problemas reais das veciñas e veciños Ribadeo”, incidiu Rey.
Neste sentido, lembrou que este mesmo verán o PAC de Ribadeo consultou cun só equipo médico, que inclúe un médico, un enfermeiro e un administrativo para atender aos doentes do concello ribadense e dos de Barreiros e Trabada. ”Polo tanto, son arredor de 14.000 persoas, o que supón unha carga de traballo que recae en tan só tres profesionais sanitarios do PAC de Ribadeo. Está é a sanidade que defende o PP de Daniel Vega”, replicou.
“O Goberno da Xunta anunciou un novo centro de saúde na nosa vila, pero tal e comprobamos ese centro non vai contar cos profesionais sanitarios necesarios para atender aos seus usuarios. Por iso, demandamos unha sanidade pública de calidade, e reivindicamos o excelente traballo que realizan os profesionais sanitarios no noso concello, sempre ao pé do cañón”, remarcou.
Traslado temporal dos usuarios do Hospital Asilo
Nesta mesma sesión plenaria, o Grupo Socialista de Ribadeo interesouse tamén polo proceso no que se atopa o traslado temporal dos usuarios e usuarias do Hospital Asilo de Ribadeo mentres dure a rehabilitación deste edificio, que terá unha duración mínima de ano e medio. “Informáronnos de que aínda están esperando unha contestación da Xunta sobre quen se vai facer cargos dos residentes”, asegurou Marta Rey.
Ademais, no apartado de rogos, os socialistas plantexaron que os restos das podas na zona do cargadoiro fosen recollidos ó antes posible, e instar á Autoridade Portuaria San Cibrao-Ferrol a arranxar canto antes ó acceso a Illa Pancha.