Santiago, 12 de febreiro de 2023. Unha ampla representación dos socialistas da provincia de Lugo, formada por numerosos responsables do partido a nivel orgánico e cargos institucionais, así como afiliados e afiliadas, participaron na manifestación deste domingo en Santiago de Compostela que, baixo a convocatoria da plataforma SOS Sanidade Pública, reuniu a milleiros de persoas na capital galega. Os socialistas mobilizáronse en defensa dunha sanidade pública digna, gratuíta e de calidade, e en repulsa das políticas de recortes e privatización da asistencia sanitaria que leva a cabo o Partido Popular na Xunta de Galicia. O PSdeG lembra que, froito desas medidas, o 80% dos concellos da provincia de Lugo sofre graves carencias en materia de persoal na Atención Primaria e de pediatría, unhas carencias que deterioran a asistencia sanitaria que reciben os veciños e veciñas e sobrecargan ao persoal sanitario. Os socialistas esperan que a Xunta de Galicia escoite o enorme clamor social expresado na manifestación de hoxe e que corrixa as súas políticas de recortes sanitarios.
Os socialistas da provincia mobilízanse en defenda da sanidade pública
Os socialistas da provincia mobilízanse en defenda da sanidade pública
Relacionado
-
A Deputación aproba unha Declaración Institucional con motivo do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller
-
O BNG defende a prórroga da moratoria do eucalipto e propón convertela en gran panca de cambio dunha nova política forestal
-
Villares destaca os 100 anos da Confraría de Pescadores de Celeiro en prol do patrimonio cultural pesqueiro