Viveiro, 13 de febreiro, 2023. Resurrection Fest Estrela Galicia diríxese cara á súa edición máis histórica ata a data. No anuncio de hai uns meses, o festival viveirense anunciou a Slipknot, Ghost e o concerto exclusivo na península da reunión máis esperada da historia do metal: Pantera. Tras saír con estes tres cabezas de cartel, hoxe, Resurrection Fest Estrela Galicia anuncia a Parkway Drive como o cuarto gran cabeza de cartel para a súa edición de 2023.
Os australianos, quen deu un dos concertos máis antolóxicos da historia do festival en 2019, volven a Viveiro cun renovado directo. Un dos espectáculos de música en directo máis grandes en todo o mundo. Unha banda que xamais deixou de crecer e que hoxe en día está entre as bandas máis grandes do rock a nivel mundial.
Cancións como “Glitch”, “Vice Grip” ou “Wild Eyes” son a día de hoxe himnos xeracionais que farán tremer Viveiro e gozar a decenas de miles de persoas en Resurrection Fest Estrela Galicia 2023.
Resurrection Fest Estrela Galicia anunciará mañá máis bandas confirmadas para a súa próxima edición así como a división da súa line up por días.
As entradas por día sairán á venda este próximo xoves ás 12h en www.resurrectionfest.es