O punto limpo móbil do Concello de Ribadeo estará despois do 9 ao 23 de febreiro estará no Círculo Habanero na Devesa; do 23 de febreiro ao 9 de marzo no campo da festa en Santalla de Vilausende; do 9 ao 23 de marzo a carón da escola de Couxela; do 23 de marzo ao 5 de abril na escola de Cedofeita; do 5 ao 20 de abril a carón da escola de Couxela; e do 20 de abril ao 4 de maio no teleclube de Arante.
O concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Díaz, lembrou que “a veciñanza poderá depositar neste punto limpo móbil residuos domésticos como aceite usado, pilas, aparatos electrónicos pequenos, luminarias, CDs, DVDs, radiografías, cápsulas de café, etcétera”. E animou á veciñanza “a facer uso deste novo servizo que puxemos en marcha a principios deste ano 2023”.
O edil ribadense subliñou que “esta é unha forma de achegar a reciclaxe ás parroquias de Ribadeo e de concienciar á poboación da súa importancia”.