Este sábado 25 no Salón de Conferencias de Burela, ás 11.00 da mañá o psicólogo deportivo do Pescados Rubén Burela FS, Cristhian Fernández, impartirá unha charla dirixida a pais e nais sobre estratexias e ferramentas de utilidade para a saúde mental dxs nosxs fillxs a través do deporte. A charla está aberta a todo o público que desexe asistir. Antes de estar no Pescados Rubén Burela FS, Cristhian Fernández foi psicólogo da 1ª plantilla e base do Ourense Envialia, tamén traballou como psicólogo deportivo no Ourense CF e no Club Waterpolo Pabellón e o UD Barbadás. É profesor titular das asignaturas de psicoloxía e liderázgo na Escola Galega de Adestradores, tanto en fútbol coma en fútbol sala.