O portavoz popular, Javier Castiñeira, lembra que na pasada lexislatura, o Concello, gobernado polo PP, mellorou o pavillón e cre que agora é necesario avanzar cambiando os marcadores
Castiñeira explica que “esas subvencións supoñen unha financiación importante dende a Xunta de Galicia, de maneira que o Concello colabora cunha parte”. Engade: “Nese marco queremos que tamén se solicite apoio para conseguir os marcadores de 24 segundos, os marcadores de posesión, porque os que están instalados actualmente fallan con frecuencia”.
Javier Castiñeira confirma “o compromiso do PP co deporte focense”. Lembra que “o pavillón amañouse na anterior lexislatura, polo equipo de goberno, do PP, e hai que seguir avanzando e nese sentido vai esta petición”.
Os populares cren que conseguir os novos marcadores “é interesante porque é un equipamento que modernizaría o noso pavillón e é pedido polo C.B. Celtas, que vén de recibir, hai poucos días, unhas canastras de minibasket a modo de subvención da Xunta de Galicia”. Engade: “O club o merece, polo que esperamos que o goberno local atenda o rogo do Partido Popular de Foz”.