O grupo municipal popular leva pedindo nos últimos catro anos un plan de conservación de infraestruturas e limpeza e acondicionamento das rúas
A coordinadora do rural dos populares, Montse Seijo, explica que “desde o noso grupo seguimos recollendo as queixas dos veciños de Rinlo, un pobo mariñeiro que segue a sufrir as consecuencias do pasotismo deste goberno do BNG. Rinlo segue sen ese aparcamento municipal que prometeron despois de moitas reivindicacións dos veciños, pero como noutras ocasións fan promesas baleiras”.
Desde o grupo destacan que se desprezou á familia do terreo onde se iba a facer o aparcamento, e correndo conseguiuse outro terreo no que non hai previsións de ningún tipo para convertelo nun aparcamento municipal. “Unha actuación vergoñenta”, apuntan os populares. Ademais, Seijo destaca o estado lamentable xeralizado das estradas municipais e rúas de Rinlo e pon de exemplo a estrada da escola: “Está chea de baches e hai que ir pendentes de esquivalos”.
Por outra banda, a vicevoceira do grupo municipal popular, Elena Sierra puxo de manifesto unha vez máis a falta de limpeza na vila e sobre todo en áreas recreativas e puntos de interese turístico. “Existe una gran falta de limpieza tanto en sus calles como en sus contenedores. Sus calles, con un especial encanto mariñeiro se encuentran llenas de verdín lo que supone un grave peligro tanto para los visitantes como para los vecinos. Sucias y con bastante hierba. Contenedores sucios, mal ubicados y escasos”.
O grupo municipal popular seguirá levando a pleno a petición dun plan de limpeza inexistente ata agora en Rinlo e todo o concello. A vicevoceira destaca que “llevamos cuatro años reivindicando este plan de limpieza pero como siempre hacen oídos sordos, pero no a nosotros, si no a la demanda de los vecinos”.