O portavoz popular en Foz, Javier Castiñeira, resalta que a Xunta, nos peores anos da crise económica e cun gran esforzo orzamentario, investiu 100 M€ e puxo en servizo dous tramos da vía de altas prestacións da Costa Norte: a variante de Ortigueira e o tramo de Celeiro-San Cibrao, ambas cun investimento que rolda os 50 M€, 100 en total
Foz, 7 de febreiro de 2023. O Goberno presidido polo socialista Pedro Sánchez ten claramente demostrado o seu desinterese pola provincia de Lugo en xeral e, sinaladamente, por A Mariña. O abandono no que a Administración central ten a esta comarca resulta evidente nas distintas áreas de xestión; é patente tanto no campo industrial como no das infraestruturas. A visita a Foz do secretario xeral do PSdeG-PSOE, Valentín Formoso, para un paripé de reclamación ao Goberno da Autovía da Mariña é unha demostración do abafo co que os socialistas galegos viven a proximidade das citas electorais e un exercicio de intolerable cinismo político por quen ten sobradamente probado que dá prioridade aos intereses de Pedro Sánchez fronte aos da Mariña. Así o entende o portavoz popular en Foz, Javier Castiñeira, que está convencido de que nas próximas semanas os socialistas protagonizarán máis escenas como a de hoxe en Foz.
Castiñeira di: “É de lamentar que o Goberno de España, coa complicidade dos socialistas galegos, non teña realizado avances nin comprometido sequera investimentos para o que é o treito estatal, entre San Cibrao e Barreiros, o que se corresponde coa A-74, a Autovía da Mariña”. Engade: “Esa autovía, que é a verdadeira alternativa á N-642, afectada polo socavón, non ten nin un só quilómetro construído, nin en execución, nin licitado. Ademais está practicamente desaparecida dos Orzamentos Xerais do Estado, que unicamente recollen 0,5 M€ de investimento en 2023 e sen partida prevista en vindeiros anos. Por lo tanto, ni un solo tramo en servicio, ni en obras ni el licitación”.
Os populares de Foz lembran que a Xunta, nos peores anos da crise económica e cun gran esforzo orzamentario, investiu 100 M€ e puxo en servizo dous tramos da vía de altas prestacións da Costa Norte: a variante de Ortigueira e o tramo de Celeiro-San Cibrao, ambas cun investimento que rolda os 50 M€, 100 en total.
Castiñeira destaca que “a Xunta segue traballando para dar cumprimento ao plan abordado cos alcaldes de Ferrol, Ortegal e A Mariña para a mellora das comunicacións desta zona”.